Primaria

XOGOS TRADICIONAIS PARA O PATIO
Juegos tradicionales patio colegio Collage 2

PEKEGIFS é unha páxina con moitos recursos: xogos, contos, chistes, adiviñas, cancions, sopas de letras, puzzles...

Text2mindmap.com permite realizar mapas conceptuais de forma sinxela. Non é preciso rexiatrarse, podes envialos por correo electrónico, descargalo en forma de imaxe jpg ou pdf.

Sopadeletras.kokolikoko.com é unha aplicación coa que podemos crear sopas de letras coas palabras que queiramos. Podeos gardar a imaxe da sopa de letras e o solucionario. Non é preciso rexistrarse.

Mclibre.org é unha aplicación que permite:
- xerar operacións personalizadas (sumas, restas, multiplicacións). Aporta o solucionario e non precisa que nos rexistremos.
-crear follas de exercicios de copia (escritura con pautas, cuarícula, simple...)












Olesur.com é unha web de recursos moi interesantes con xeradores para lingua, matemáticas, lóxica, caligrafía, xogos....


Mamutmatematicas.com xerador de exercicios de matemáticas de todo tipo !



Crucigramas é un xerador de crucigramas moi sinxelo de empregar.




Pasapalabra permite crear un rosco personalizable. Podes crear roscos para as túas materias do que máis che interese repasar.
Pode xogar toda a clase con este rosco, ou crear unha partida con máis roscos e xogadores para dividir a clase en grupos.
Aínda que ten un teclado para usarse especificamente con PDI, pode ocultarse para xogar co teclado coa precaución de NON PULSAR A TECLA DE ENTER.
Os roscos poden enlazarse (ou incrustarse) no teu propio blog, ou descargarse para xogar offline (sen conexión a internet).
Para empezar, crea un rosco, grávao e despois crea unha partida asignando un rosco e un xogador.
Fíxate ben nos IDs, porque serán a forma de encontrar o teu rosco ou partida





COGGLE é unha sinxela ferramenta 2.0 para elaborar esquemas e mapas conceptuais coa vantaxe de que poden ser colaborativos. Con Coogle poderemos confeccionar mapas mentais sobre conceptos relacionados cos contidos de clase de forma sinxela e bastante rápida. É útil para calquera materia, os mapas compártense doadamente en internet grazas á URL que proporciona a ferramenta, ademais pódense descargar como PDF e PNG. É unha ferramenta aconsellable tamén para os traballos dos nosos alumnos.



CLASSDOJO é unha clase virtual, unha forma de motivar ós teus alumnos, de interconectalos e de implicar ás familias.

Classdojo axuda ós profmestres a mellorar a conduta nas aulas de forma rápida e dosinxela. Captura e xera datos sobre comportamentos que os profesores poden compartir cos pais e administradores.

Os profesores poden usar esta aplicación para informar os seus estudantes do seu comportamento positivo e manexar as súas clases, mentres os pais poden revisar o progreso do rapaz na escola. Presenta atractivos informes e a unha sinxela xestión de aula e todo se sincroniza a través de todos os seus dispositivos!

Unha vez invitados, os pais poden iniciar sesión para seguir o progreso dos seus estudantes durante o ano.

É gratuíto para profesores e pais!



Múltiples recursos educativos CEIP "Ntra. Sra. Loreto"
A web do C.E.I.P. "Ntra. Sra. de Loreto" presenta unha chea de enlaces moi ñutiles para infantil e primaria, clasificados por temas, niveis...


Ningún comentario:

Publicar un comentario