Recursos para blogs/webs

Padlet é un muro colaborativo interactivo moi sinxelo de empregar.
Só hai que rexistrarse, pero podedes acceder coa conta de Facebook se o preferides.
Unha vez dentro da aplicación, só temos que premer en "Nuevo Padlet" e listo!




Feito isto o proceso é sinxelo. Na barra lateral podemo poñer un título, cambiar o fondo do papel tapiz, o deseño (se queremos que os comentarios/aportacións aparezan sen orde, en lista ou como un cadrante),...
Unha vez personalizado podemos conseguir o código HTML no apartado de "Compartir/Exportar"
Podedes insertalo nunha entrada normal ou como un Gadget HTML.

Podedes arrastrar ó muro de Padlet imaxes, música, vídeos... Aquí tedes un exemplo.





Glogster é unha aplicación web que nos permite crear e compartir pósteres multimedia interactivos.

Permite inserir con gran facilidade textos, enlaces ou imaxes así como arquivos de audio ou vídeo; tanto dende o ordenador coma dende Internet.

Unha das súas vantaxes é a posibilidade de gravar audio e vídeo dende a propia aplicación para o cal unicamente necesitamos ter un micrófono e un webcam conectados ao noso ordenador.

Creamos unha conta, para o que necesitamos un email. tendo unha conta de Gmail podemos acceder Unha vez rexistrados, pulsando en "Login" accedemos á aplicación co nome de usuario e contrasinal elixidos.
Crearemos un póster seguindo as instrucións do titorial. Unha vez publicado "Save and Publish", poderemos inserilo nun blog e interactuar cos elementos que o compoñen. Para iso, proporciónanos o código necesario (Embed code) ao pulsar o botón "Share Glog".
Outra posibilidade moi útil é imprimilo, para iso facemos clic co botón dereito do rato e eliximos a opción PRINT GLOG.



Imagechef  permite facer creacións coas túas fotos ou as que propón a aplicación e texto usando ImageChef.

Podes Introducir as túas fotos dentro de varias escenas, como un poster de fuxitivo, un rótulo, marcos fotográficos e varias outras. Tamén podes baixar marcos animados e colages feitos por outros membros da comunidade. Uns marcos permiten usar ata catro fotos en varias combinacións.

Podes empezar cunha frase ou nome, e transformar o teu texto nunha mensaxe escrito na area na praia, nun rótulo publico e moito mais.

Participando na comunidade de Imagechef, podes conectar cos teus amigos e ver o que publican.


Queres crear as túas propias nubes de palabras?
Con Wordle poderás usar as que queiras para construír atractivas nubes das que abundan pola web.

A partir do texto que escribas en Wordle, a aplicación xera unha nube na que as palabras máis mencionadas aparecen máis grandes que as menos destacadas. Se o prefires, podes copiar unha dirección web ou a URL do teu blog para que Wordle analice o texto por si mesma.

Hai varios deseños dispoñibles, así como fontes, cores e demais opcións de formato para deixar a nube ao teu gusto.

Unha vez creada, podes gardar a nube na galería de Wordle ou ben imprimila dende a mesma web.


Tagul: é unha aplicación para crear textos en nube similar a anterior, pero que permite maior personalización da nube, animacións e que a gardemos. Precisa que nos rexistremos ou entremos coa nosa conta de Gmail, Facebook...



Printfriendly permite inserir un botón ó final das entradas do voso blogue para que as vosas publicacións podan ser impresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario