Edición de imaxes/video/presentacións

Kizoa é unha aplicación dende a que podemos realizar  presentacións de fotos dunha forma sinxela e moi chamativa.

Con ela podemos realizar presentacións de diapositivas empregando os modelos predefinidos de Kizoa e as nosas fotos, ou realizar presentacións de diapositivas de forma personalizada elixindo cada detalle e empregando as nosas fotos.
Con  Kizoa tamén podemos realizar collages  e collages animados e incluso con son.



 Befunky.
Un dos máis útiles é "Befunky". 


 Podedes instalalo a modo de aplicación dende Google Chrome.

Este programa resulta moi útil e sinxelo. Podedes facer retoques automáticos en fotografías tratándoos con filtros, recortándoos, xirándoos, engadindo textos e stikers...

Outra opción que facilita este programa é a de crear collages de fotos. Así, podedes presentar as imaxes de forma máis atraciva e inmediata que se as colocarades todas seguidas sen máis.


Fotor
Outra opción para a edición é "Fotor". 
Funciona igual que a opción anterior e tamén esta dispoñible para instalar e n Google Chrome.



Phixr.
Outra opción para a edición é "Phixr". 
Funciona igual que a opción anterior, pero non permite facer collages.





Loopster é unha ferramenta de edición de vídeo. A aplicación Loopster proporciona un editor de vídeo de catro pistas. Hai pistas de vídeo e imaxes, transicións, sons e texto. Pódese importar imaxes e vídeos do carrete da cámara ou gravar un novo vídeo coa aplicación e editalo. Na pista de edición de vídeo pódese recortar clips e combinar clips. Na pista de texto pódese agregar globos de texto e outros efectos de texto. Tamén dispón dun efecto de movemento lento.
Unha vez finalizado o proxecto pódese subir a YouTube ou Facebook.




PowToon
O obxectivo de PowToon é crear vídeos animados para presentacións obtendo resultados o máis impresionantes posibles para facer chegar a túa idea á túa audiencia. 
Para empezar a usalo, terás que darte de alta como usuario con credenciais novas ou aproveitando a túa conta de Facebook, Google ou Linkedin.

PowToon ofrece tres modalidades de servizo (só unha gratuíta), ademais de plans para estudantes e profesores:
-Gratuíto: Engade unha marca de auga, limita os vídeos a 5 minutos, calidade estándar e posibilidade de usar 10 cancións e 8 estilos nos vídeos. Podes crear vídeos ilimitados, compartilos en redes sociais e subir un máximo de 30 vídeos a YouTube.
Aquí tede un titorial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario