Lectoescritura

AraWord: ti escribes, el pon os pictogramas!
Araword é segundo os seus creadores a definen: "unha aplicación informática de libre distribución, enmarcada dentro dunha suite de ferramentas  (AraSuite) para a comunicación aumentativa e alternativa, que consiste nun procesador de textos que permite a escritura simultánea de texto e pictogramas, facilitando a elaboración de materiais e adaptación de textos para as persoas que presentan dificultades no ámbito da comunicación funcional"


Por qué empregar AraWord:
- Recurso para que o propio neno escriba. 
-Recurso para crear distintos materiais de palabra imaxe.
-Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria resulta unha ferramenta moi útil para a iniciación na lectoescritura. 
-En educación Primaria podemos traballar a ortografía, xa que se a palabra non está ben escrita non aparece o pictograma.
-Permite que crees textos e o programa vai incorporando os pictogramas correspondentes a cada palabra.
-Permite cambiar o pictograma a un máis axeitado ó contexto de forma moi sinxela. 
-Tes a opción de empregar pictogramas só nas palabras que che interesa, podes cambiar a palabra e manter o pictograma...




Adrapro, escribir con pictogramas!
ADAPRO segundo os seus creadores: "é un procesador de texto gratuíto orientado a persoas con dificultades de aprendizaxe como a dislexia ou outro tipo de diversidade funcional como autismo. A súa interface adaptada,transparente e configurable proporciona un ámbito que inspira a seguridade suficiente no usuario como para manter a súa atención"

Por qué empregar ADAPRO:
- Recurso para que o propio neno escriba. 
-Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria resulta unha ferramenta moi útil para a iniciación na lectoescritura. 
-En educación Primaria podemos traballar a ortografía, xa que se a palabra non está ben escrita non aparece o pictograma.
-Permite que crees textos e o programa vai incorporando os pictogramas correspondentes a cada palabra.

"Letras de colores"
"Letras de colores" conxunto de xogos interactivos dirixido ó segundo ciclo de EI  para o entrenamento de distintos aspectos relacionados coa lectescritura (grafomotricidade, grafía das letras, discriminación visual e auditiva, comprensión lectora...). 
Pódese descargar e é ideal para xogar na pizarra dixital.



"Bichos": mates, lecto, lóxica...

"Bichos" é un paquete interactivo de xogos en formato Flash destinado á etapa de Educación Infantil. Trabállanse conceptos básicos, de lectoescritura e matemáticos, ademais de adestrar o manexo do ordenador no seu conxunto: rato (movemento, clic e arrastre) e teclado.


"Animalandia"
"Animalandia" é un xogo interactivo para Educación Infantil en formato flash. Está composto por un conxunto de actividades de lectoescritura e matemáticas. Traballa o nome de diversos animais e cal é o medio polo que se desprazan: aire, terra e auga. É totalmente interactivo e autocorrectivo, idóneo para que o alumnado o utilice con máxima autonomía tanto no ordenador como na pizarra dixital.


"Tudiscoverykids" e a conciencia fonolóxica

Tudiscoverykids é un recurso para traballar a conciencia fonolóxica de forma online. Pódese seleccionar o nivel e traballa as letras do abecedario con debuxos e co xogo "¿qué empieza por...?"


"La isla de las letras"
"La isla de las letras" é unha aplicación do Goberno de Canarias que traballa a conciencia fonolóxicas. Diríxese a infantil e primaria. Pese a que traballa as maiúsculas case todo está adicado a minúsculas.


Aplicación de iniciación á lectoescritura
Neste enlace podedes acceder a un recurso para a iniciación á lectoescritura da Xunta de Andalucía.
Ollo! A letra das actividades está en minúsculas.
 Qué actividades podemos atopar:
-Ordena a historia.
-Busca do tesouro (misións)




O Blog de Maestros de Audición e Linguaxe ten multitude de materiais interesantes e posue unha sección de vídeos vinculada co seu canal de YouTube con videos de sons, vocabulario, práxias bucofonatorias, fonemas, relaxación, atención, comprensión, receitas e manualidades. Para pais, nenos, mestres Infantil, Primaria, especialistas de PT, AL...




Ningún comentario:

Publicar un comentario