Infantil


"English for little children"
"English for little children" é unha aplicación adicada ó apredizaxe da lingua inglesa. Está adicada á EI, primeiro e segundo de EP.




"Bichos": mates, lecto, lóxica...

"Bichos" é un paquete interactivo de xogos en formato Flash destinado á etapa de Educación Infantil. Trabállanse conceptos básicos, de lectoescritura e matemáticos, ademais de adestrar o manexo do ordenador no seu conxunto: rato (movemento, clic e arrastre) e teclado.


"Animalandia"
"Animalandia" é un xogo interactivo para Educación Infantil en formato flash. Está composto por un conxunto de actividades de lectoescritura e matemáticas. Traballa o nome de diversos animais e cal é o medio polo que se desprazan: aire, terra e auga. É totalmente interactivo e autocorrectivo, idóneo para que o alumnado o utilice con máxima autonomía tanto no ordenador como na pizarra dixital.

Childtopía: aprende e repasa xogando
Childtopía é unha web con moitos recursos: contos, vídeos, manualidades, adiviñanzas, xogos (de lóxica, mates, comprensión oral e escrita, música,... ), etc. A sección de xogos está xenial para Infantil e Primaria. Se tedes pizarra dixital ou un ordenador para que empreguen os vosos alumnos é un recurso xenial para repasar e aprender xogando!


"Matea calculator"
Matea Calculator é un recurso para educación infantil facilitado pola Xunta de Extremadura. Mediante xogos e seleccionando a idade, poden repasar: cuantificadores, numeración, lonxitude, cores, tamaños, formas, operacións, orientación espacial, tempo,...
Dirixido a EI.
Ideal para traballar en Pizarra Dixital ou ordenador. Tamén podes descargar material sobre estes temas en formato pdf.




"Disfrutamos hablando"
"Disfrutamos Hablando!" é un recurso para educación infantil facilitado pola Xunta de Extremadura. Mediante xogos traballa a estimulación da linguaxe oral , especialmente a conciencia fonolóxica nun entorno multimedia. inclúe unha Guía Didáctica das sesións, xogos e refráns, con actividades para trabballar online e descargables en pdf.
Ideal para traballar en Pizarra Dixital ou ordenador.



"Sehacersaber": lóxica en infantil
Sehacersaber é unha aplicación online adicacda a infantil que permite seleccionar o idioma e a idade para traballar a lóxica matemática.



Juegos tradicionales patio colegio Collage 2


Orella pendella é unha páxina que nos ofrece numerosos recursos de literatura infantil, tradicional de Galicia.




PEKEGIFS é unha páxina con moitos recursos: xogos, contos, chistes, adiviñas, cancions, sopas de letras, puzzles...

CHICOMANIA é un blog con moitos recursos: manualidades, loxico-matemático, medio físico e social, inglés, experimentos, contos, xogos, valores...






muchoscuentos.jimdo.com é unha páxina adicada ós contos infantiles. Nela podedes atoparmultitude de contos, contos en video, cancións, adiviñas...


 IMAGENES EDUCATIVAS



Múltiples recursos educativos CEIP "Ntra. Sra. Loreto"
A web do C.E.I.P. "Ntra. Sra. de Loreto" presenta unha chea de enlaces moi ñutiles para infantil e primaria, clasificados por temas, niveis...

Ningún comentario:

Publicar un comentario