"English for little children"
"English for little children" é unha aplicación adicada ó apredizaxe da lingua inglesa. Está adicada á EI, primeiro e segundo de EP.
"Bichos": mates, lecto, lóxica...
"Bichos" é un paquete interactivo de xogos en formato Flash destinado á etapa de Educación Infantil. Trabállanse conceptos básicos, de lectoescritura e matemáticos, ademais de adestrar o manexo do ordenador no seu conxunto: rato (movemento, clic e arrastre) e teclado.
"Animalandia"
"Animalandia" é un xogo interactivo para Educación Infantil en formato flash. Está composto por un conxunto de actividades de lectoescritura e matemáticas. Traballa o nome de diversos animais e cal é o medio polo que se desprazan: aire, terra e auga. É totalmente interactivo e autocorrectivo, idóneo para que o alumnado o utilice con máxima autonomía tanto no ordenador como na pizarra dixital.
Childtopía: aprende e repasa xogando
Childtopía é unha web con moitos recursos: contos, vídeos, manualidades, adiviñanzas, xogos (de lóxica, mates, comprensión oral e escrita, música,... ), etc. A sección de xogos está xenial para Infantil e Primaria. Se tedes pizarra dixital ou un ordenador para que empreguen os vosos alumnos é un recurso xenial para repasar e aprender xogando!
"Matea calculator"
Matea Calculator é un recurso para educación infantil facilitado pola Xunta de Extremadura. Mediante xogos e seleccionando a idade, poden repasar: cuantificadores, numeración, lonxitude, cores, tamaños, formas, operacións, orientación espacial, tempo,...Dirixido a EI.
Ideal para traballar en Pizarra Dixital ou ordenador. Tamén podes descargar material sobre estes temas en formato pdf.
"Disfrutamos hablando"
"Disfrutamos Hablando!" é un recurso para educación infantil facilitado pola Xunta de Extremadura. Mediante xogos traballa a estimulación da linguaxe oral , especialmente a conciencia fonolóxica nun entorno multimedia. inclúe unha Guía Didáctica das sesións, xogos e refráns, con actividades para trabballar online e descargables en pdf.Ideal para traballar en Pizarra Dixital ou ordenador.
"Sehacersaber": lóxica en infantil
Sehacersaber é unha aplicación online adicacda a infantil que permite seleccionar o idioma e a idade para traballar a lóxica matemática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario